Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rusia incrementa os ataques en Ucraína e volve bombardear Kíiv

Rusia incrementa os ataques en Ucraína e volve bombardear Kíiv

Zelenski di que a guerra pode acurtarse con máis armamento e maior bloqueo a Rusia

Moscova prohíbe a entrada de Boris Johnson en Rusia "por atestar de armas letais a Kíiv"

G24.gal 16/04/2022 13:41

O exército ruso incrementou os seus ataques e non só no Donbás. Este sábado as alarmas antiaéreas soaron en distintos puntos do país e volvéronse denunciar bombardeos na rexión de Kíiv e na de Leópolis, no oeste.

Desde o Ministerio de Defensa ruso deron conta, entre outros obxectivos, da destrución dunha fábrica de tanques na capital.

Zelenski di que a chegada da paz pode acelerarse se Occidente lle dá as armas necesarias e incrementa o bloqueo a Rusia. Respóndelles así aos analistas que vaticinan anos de guerra e aos Estados Unidos, que prognostican que a contenda non acabará antes de final de ano.

Moscova enviou unha carta diplomática a Washington na que ameaza con consecuencias imprevisibles se segue enviando armamento a Ucraína.

Boris Johnson e outros doce cargos británicos teñen desde este sábado prohibida a entrada en Rusia, que os acusa de agravar a situación atestando de armas letais a Kíiv.

Vítimas da invasión

Ucraína estima que o inimigo perdeu ata o momento arredor de 20.000 soldados e admite entre 2.500 e 3.000 baixas nas súas filas.

Puntualiza que ten máis dificultades para precisar as vítimas civís debido á situación nas áreas bloqueadas polos invasores. Só en Mariupol, as autoridades locais adiantan que poderían ter morto ata 20.000 persoas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade