Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rusia volve espallar os seus ataques por distintos puntos de Ucraína

Rusia volve espallar os seus ataques por distintos puntos de Ucraína

En Khárkiv reportaron dez mortos e 35 feridos en ataques a edificios civís

Moscova tamén lazou mísiles contra obxectivos en Kíiv e Leópolis

G24.gal 16/04/2022 20:46

Moscova céntrase en acabar cos últimos focos de resistencia en Mariupol, no sur, ao tempo que reúne tropas no leste para a grande ofensiva no Donbás. Pero por segundo día desde que perdeu o seu buque insignia no Mar Negro retomou os ataques no resto de Ucraína. Kíiv informou de bombardeos mesmo preto de Leópolis, no oeste.

En Khárkiv, no nordeste, fálase de polo menos dez mortos e 35 feridos nos bombardeos rexistrados este sábado. As bombas danaron alí varios edificios residenciais, unha antiga fábrica e un centro comercial.

As alarmas antiaéreas soaron igualmente na capital, onde tamén se rexistrou un morto e varios feridos por mísiles rusos.

O presidente Zelenski, que condecorou varios dos seus soldados, subliñou que a guerra pode acurtarse se Occidente incrementa o bloqueo a Rusia e lles dá ás tropas ucraínas as armas necesarias.

Prohibida a entrada en Rusia

O Kremlin avisou xa varios países, o último a República Checa, de consecuencias imprevisibles se seguen entregando armamento a Ucraína.

A Boris Jonhson e a doce altos cargos británicos máis prohibiulles desde este sábado entrar en Rusia. Acúsaos de agravar a situación atestando de armas letais a Kíiv.

Como xesto simbólico de apoio a Ucraína, as embaixadas de Francia e Italia, que se mudaran ao oeste ao comezo da invasión, reabriron as súas portas na capital.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade