Inaugúranse novas rutas en barco ao arquipélago de San Simón dende Moaña
Inaugúranse novas rutas en barco ao arquipélago de San Simón dende Moaña
O percorrido dura cinco horas e ten parada no museo de Rande
Dende este domingo xa é posible visitar a illa de San Simón dende o peirao de Moaña. É unha das grandes descoñecidas, pero dende agora é máis accesible ao público.
Esta nova ruta en barco, con parada na cidade olívica, permitirá coñecer máis de preto os encantos do arquipélago redondelán.
Unhas 60 persoas quixeron participar na viaxe inaugural. É un percorrido pola ría de Vigo ata a enseada con parada obrigada no Museo de Rande.
San Simón é un museo ao aire libre cheo de historia e beleza paisaxística. Tres guías lembran o pasado e o presente dun lugar declarado ben de interese cultural.
Agora deshabitada e reconstruída, esta illa foi mosteiro, lazareto, cárcere durante a guerra civil e mesmo orfanato, historia que tamén aparece reflectida no seu centro de interpretación.
A visita remata ao mediodía. Impregnados da súa esencia toca regresar cara ao porto de Vigo e Moaña. Pecha as súas portas, que volverán abrir o 13 e o 27 de febreiro con novas rutas.