Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sálvanlle a vida a un home que sufriu un infarto nunha rúa da Coruña

Sálvanlle a vida a un home que sufriu un infarto nunha rúa da Coruña

Con manobras de reanimación conseguiron mantelo con vida ata que chegou a ambulancia

G24.gal 09/11/2021 15:04

Ivan García, propietario da cafetería Río de Janeiro da Coruña, veu caer un home fronte ao bar e que un señor intentaba axudarlle. Saíu el tamén e outro rapaz sumouse a eles. Con manobras de reanimación conseguiron mantelo con vida ata que chegou a ambulancia, malia que o home, que sufría un infarto, perdeu o pulso máis dunha vez.

"Foron cinco veces. O señor collía aire, volvía quedarse, volvía coller, volvía quedarse. Foron momentos moi duros, pensamos que se ía. Ao chegar a ambulancia tiveron que reanimalo outra vez. Conseguimos salvalo, gracias a Deus", di Iván García.

Iván non soubo nada del ata que o foi ver a familia. Nunha primeira visita dixéronlle que o doente estivo na UCI, moi grave, en coma inducido. Agora está mellor.

"Veu onte a familia e dixo que estaba ben, estable e sen secuelas. Dixo que quería vir ao bar coñecernos e saudarnos. Viñeron darme as grazas e foi moi emotivo. A nai botouse a chorar e eu por pouco choro tamén", engade.

Iván García dedicase á hostalaría, pero hai anos estudou enfermería, aínda que non rematou. Di que non é un heroe e que o que fixeron el e os outros dous homes é o que faría calquera.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar