Sálvanlle a vida a un bebé cando se estaba a asfixiar coas súas flegmas
Sálvanlle a vida a un bebé cando se estaba a asfixiar coas súas flegmas
A rápida intervención do persoal, que se desprazou á Laracha en helicóptero, evitou unha traxedia
A pequena Adriana de apenas tres semanas estaba na casa dos avós, na parroquia larachesa de Soandres, cando se estaba asfixiando coas súas flegmas. A súa vida corría perigo.
Moitos dos veciños do lugar de Insuaboa descoñecían que pasaba, pero ao ver chegar o helicóptero sabían que era algo grave.
Os sanitarios lograron que a pequena expulsara os esputos e estabilizar as súas constantes vitais. Axiña recuperou e comezou a respirar con normalidade, así que non fixo falta evacuala en helicóptero, pero, por precaución, a ambulancia trasladouna ao hospital Materno Infantil da Coruña.
Despois de horas recibiu a alta médica e agora xa está tranquila na casa cos seus.