Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sánchez afirma en Granada que España nin se afunde nin rompe

Sánchez afirma en Granada que España nin se afunde nin rompe

O PP pídelle a Sánchez que sexa valente e sexa el quen se reúna con Puigdemont

Feijóo estará mañá en Cataluña na manfiestación contra a amnistía

Pedro Sánchez, no mitin do PSOE en Granada
G24.gal 07/10/2023 14:46 Última actualización 07/10/2023 15:05

O presidente do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo, que este domingo estará na manifestación contra a amnistía, acudirá á reunión do luns con Pedro Sánchez a escoitar. Os populares aseguran que o candidato só busca a amnesia dos españois para seguir no poder, e pídenlle que sexa valente e sexa el quen se reúna con Puigdemont en Waterloo.

O presidente do Goberno en funcións e candidato á investidura participou este sábado nun acto do PSOE en Granada. Sánchez mostrouse satisfeito polo éxito dos cumios celebrados nesta cidade e advertiu de que haberá un goberno progresista que seguirá construíndo convivencia dentro do marco da Constitución.

"Aos profetas da apocalipse dígolles que España convive, que España avanza e que España conta máis no escenario internacional, nin se afunde nin rompe".

O Partido Popular fala de investidura minguante porque di que o candidato ten cada vez menos apoios e cualifica as negociacións sobre a amnistía de novela por entregas. Os populares pídenlle a Sánchez claridade e valentía.

 "Se vai ter a valentía de dar a cara e ser el mesmo quen se entreviste con Puigdemont que non mande a outro, o que busca non é a amnistía, busca a amnesia, que esquezamos o que pasou, o golpe de Estado".

Podemos enviou as súas peticións á Sumar e ao PSOE pero a formación morada admite que descoñece a proposta de Sumar sobre a lei de amnistía.

 "É unha proposta só de Yolanda Díaz, nós non coñecemos esa proposta e seguimos centrados no noso proxecto".

Finalmente, desde Vitoria, o coordinador xeral de Bildu, Arnaldo OTegi reiterou que non van especular e que o seu obxectivo segue sendo parar o bloque reaccionario.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade