Sánchez confía en que será investido co voto de grupos que non o apoiaron na anterior lexislatura
Sánchez confía en que será investido co voto de grupos que non o apoiaron na anterior lexislatura
O presidente do Goberno en funcións subliña que as urnas evidenciaron que quen expón "derrogación e retroceso non son maioría"
O xefe do Executivo en funcións e candidato socialista á reelección, Pedro Sánchez, asegurou este luns que traballará despois da constitución das Cortes, o 17 de agosto, para conseguir unha maioría parlamentaria que lle permita gobernar, incorporando mesmo persoas "que se foron distanciando do goberno progresista" na anterior lexislatura.
Así se pronunciou Sánchez este luns nun vídeo que lanzou a través de Twitter, nun contexto en que, tras o reconto do voto CERA, necesitaría o voto favorable de Junts para gobernar ou a abstención do partido de Puigdemont se logra sumar tamén a Coalición Canaria.
Neste contexto, Sánchez cre que esta maioría para gobernar podería incorporar a grupos que na anterior lexislatura estiveron distanciados do Goberno, algo que achacou á "fatiga" destes anos ou "como consecuencia da intensa propaganda despregada polo dúo PP e Vox".
"Toca agora traducir esa maioría social nunha maioría parlamentaria no Congreso dos Deputados e é o que imos facer en canto se constituán as Cortes. Traballar para lograr unha investidura que nos permita seguir avanzando catro anos máis", proclamou Sánchez neste vídeo.
E nesta mensaxe, Sánchez tamén sinalou os retos que marcarían esta lexislatura: "Podemos facer do acceso á vivenda a gran causa nacional dos próximos anos. Podemos facer de España o país de referencia na resposta ás dúas grandes revolucións, a dixital e a ecolóxica".
E isto, segundo dixo, tendo en conto as "adversidades" da lexislatura pasada, defendendo que agora "se abre un horizonte diferente proque é o momento de consolidar"
"É o momento de reindustrializar España co concurso dos fondos europeos, é o momento de crear máis e mellores empregos ata alcanzar o limiar do pleno emprego, é o momento de reforzar o noso Estado do Benestar, podemos continuar o apaixonante camiño cara á igualdade real e efectiva entre homes e mulleres", sentenciou.