Sánchez anuncia que o Consello de Ministros aprobará o martes liñas de avais de 2.500 millóns de euros
Sánchez anuncia que o Consello de Ministros aprobará o martes liñas de avais de 2.500 millóns de euros
Sánchez anuncia que o Consello de Ministros aprobará o martes liñas de avais de 2.500 millóns de euros
A medida beneficiará a mozos e familias con menores a cargo para a compra de vivenda
A axuda busca paliar a falta de recursos previos para o acceso a unha hipoteca
O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, adiantou que o Consello de Ministros desta semana aprobará liñas de avais de 2.500 millóns de euros a través do Instituto de Crédito Oficial.
Esta axuda vai dirixida a menores de 35 anos con ingresos anuais inferiores a 37.500 euros e familias con menores a cargo para a cobertura parcial dos préstamos hipotecarios. O presidente do Goberno estima que poderá dar resposta a unhas 50.000 persoas, segundo calculaba o mércores a ministra de Vivenda, Isabel Rodríguez. A medida busca "paliar a falta de recursos previos" para o acceso a unha hipoteca.
A medida xa a anunciara por primeira vez o propio Sánchez en maio de 2023 na precampaña das eleccións autonómicas e municipais. O líder socialista asegurou este sábado que a medida servirá para cubrir a entrada "que lle dificulta á mocidade e ás familias poder comprar unha vivenda e hipotecarse". Deste xeito asegurou os mozos poderán emanciparse a idades máis temperás. Asegurou que a medida complementa a outras como a vivenda pública de alugueiro pola que tamén aposta o Executivo.