Sánchez confía en chegar a un acordo con Macron para construír o MidCat
Sánchez confía en chegar a un acordo con Macron para construír o MidCat
Reunirase canda os seus homólogos luso e galo en París para tratar o delicado asunto do MidCat
O presidente francés, Emmanuel Macron, o español Pedro Sánchez e o primeiro ministro portugués, António Costa, reuniranse en París para falar do gasoduto a través dos Pireneos.
O encontro concretouse durante o cumio europeo deste venres en Praga. España e Alemaña levan semanas presionando a Francia para que acepte rematar o MidCat, a tubaxe que debería enlazar Cataluña con centroeuropa.
Ata agora, Macron mostrouse reacio á proposta. Pedro Sánchez confía en que a xuntanza lle permita convencelo para que dea o seu visto e prace ao proxecto.
O xefe do executivo amósase seguro de poder persuadir o seu homólogo galo para levar a cabo as obras necesarias: "Creo que dunha maneira ou doutra, antes que despois imos chegar a un acordo que logre casar todas as sensibilidades e preocupacións que ten Francia".