Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sánchez defende a lei de vivenda e critica a Vox e o PP por "negacionismo climático"

Sánchez defende a lei de vivenda e critica a Vox e o PP por "negacionismo climático"

O líder do PSOE reivindica a xestión do Goberno e di que a futura lei facilitará a emancipación da mocidade

G24.gal 23/04/2023 14:16 Última actualización 23/04/2023 14:30

Pedro Sánchez elixiu Fuenlabrada, un dos referentes históricos do PSOE en Madrid, para o seu primeiro mitin de precampaña na comunidade. Apelou ao "empoderamento" político da mocidade, un segmento de voto non especialmente favorable para os socialistas.

Reivindicou a xestión económica do Goberno e incidiu en que "a dereita falla mais ca unha escopeta de feira" nas previsións.

"Despois dunha pandemia e en plena guerra, pódese crecer más ca as grandes economías europeas e crear máis emprego ca nunca? Pódese reformar, que sempre son reformas máis complicadas, o mercado laboral ou o sistema público de pensións reconstruíndo o pacto de Toledo con paz social? Pois si se pode facer. Estao facendo o partido socialista á fronte do Goberno de España".

Sánchez defendeu a lei de vivenda e asegurou que os pisos do banco malo se lle van devolver á cidadanía e, en particular, á xuventude, porque -dixo- é "intolerable" a súa idade de emancipación en comparación con outros países europeos.

Coa polémica de Doñana aínda viva, falou do cambio climático con críticas a Vox e o PP:

"Vox nega os efectos do cambio climático e o PP non o nega, pero actúa como se non existira. Por tanto, uns por acción e outros por omisión, ambos son negacionistas climáticos".
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade