Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sánchez di que as conversas da investidura "avanzan"

Sánchez di que as conversas da investidura "avanzan"

O presidente en funcións non confirma se vai falar con Puigdemont

Núñez Feijóo desvincula o PP dos insultos ao presidente durante o desfile

Antón Montero 12/10/2023 19:44 Última actualización 12/10/2023 20:42

O presidente en funcións Pedro Sánchez confirmou que as negociacións para a súa investidura "son complexas" pero "avanzan". Nunha charla informal cos xornalistas tras o desfile do 12-O, o aspirante á reelección tampouco confirmou se ten previsto falar con Carles Puigdemont.

Sobre a amnistía, Sánchez destacou que xa hai cinco grupos no Parlamento que están a favor desta medida de gracia.

Tamén en conversas cos informadores, o líder do PP Alberto Núñez Feijóo desvinculou o seu partido dos insultos e apupos proferidos durante o desfile contra Pedro Sánchez. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade