Sánchez anuncia unha reforma legal para renovar o CXPX se non hai acordo co PP antes de xullo
Sánchez anuncia unha reforma legal para renovar o CXPX se non hai acordo co PP antes de xullo
O presidente do Goberno dálle un ultimato ao Partido Popular, que a formación de Feijóo rexeita
Críticas da asociación maioritaria de xuices
Os xuíces acollen con discrepancias a proposta de Sánchez para renovar o CXPX
O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, deu este mércores un ultimato ao PP para acordar a renovación do Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX) no mes de xuño. Se non se fai, exporá unha reforma legal que apuntou que pode afectar á facultade de nomear maxistrados.
Sánchez lanzou este ultimato nunha entrevista en TVE na que subliñou ante o bloqueo existente que "o día da marmota durou demasiado. Más de dous mil días. Isto -apostilou- acabouse".
O xefe do Executivo cualificou de "atropelo constitucional" o bloqueo por parte do PP para renovar o órgano de goberno dos xuíces".
"Nós, como Goberno, dámonos ata final de xuño, e se en xuño o Partido Popular non desbloquea esta situación, o Goberno xunto co Congreso dará unha resposta ao secuestro que está a perpetrar a este órgano".
Sánchez referiuse tamén á lei de amnistía que entrou en vigor tras a súa publicación o martes no Boletín Oficial do Estado e pediu "tranquilidade" ante o debate sobre a súa aplicación.
Sinalou que vivimos nun sistema democrático, e ante calquera "discrepancia na aplicación e amplitude da aplicación" desta norma por parte dos xuíces e fiscais, "todo se dirimirá nunha instancia superior, neste caso o Tribunal Constitucional".
Tras a aprobación da lei de amnistía está pendente unha reunión co expresidente da Generalitat Carles Puigdemont para a que Sánchez dixo que aínda non ten data, aínda que confirmou que terá "interlocución e reunións cos líderes independentistas".
Críticas da Asociación Profesional da Maxistratura
A Asociación Profesional da Maxistratura, a maioritaria de xuíces en España, tamen critircou o ultimato que lanzou Pedro Sánchez. Ao seu xuízo, quitarlle ao órgano de goberno dos xuíces a facultade de facer nomeamentos "é inaceptable e un auténtico atropelo constitucional"
O PP non move a súa posición sobre o CXPX
O PP non se moverá da súa posición para renovar o Consello Xeral do Poder Xudicial. Desde o partido de Núñez Feijóo esperan coñecer o detalle do que expón Sánchez, pero fontes da dirección nacional do PP si foron tallantes respecto a que a formación non se moverá da súa posición: condicionar a renovación do Consello a unha reforma da lei para ampliar a independencia xudicial.
En concreto o PP pretende que os xuíces elixan de forma directa os doce vogais do Poder Xudicial que se elixen entre xuíces e maxistrados.
"Agora con máis razón", sinalan fontes de Xénova, que aluden ás investigacións xudiciais que afectan á muller e ao irmán do presidente do Goberno.
Bolaños contacta con González Pons
O ministro da Presidencia e Xustiza, Félix Bolaños, contactou co vicesecretario de Acción Institucional do PP, Esteban González Pons, para retomar este venres as negociacións para renovar o CXPX.
Fontes do Ministerio da Presidencia e do Partido Popular confirmaron a EFE o contacto, que se produciu a través dunha mensaxe e despois de que o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, dera un novo ultimato ao líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, para acordar a renovación en xuño.
O PP indicou que estudará como proceder unha vez coñecido a mensaxe de Bolaños e tras o ultimato do Goberno, que non gustou en Xénova.