Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sánchez: "Feijóo está en pé na oposición e eu estou en pé no Goberno"

Sánchez: "Feijóo está en pé na oposición e eu estou en pé no Goberno"

O presidente asume a responsabilidade polo resultado das eleccións en Galicia pero non cre que impliquen un cambio de ciclo a nivel estatal 

G24.gal 21/02/2024 16:23 Última actualización 21/02/2024 20:09

Pedro Sánchez asume a responsabilidade polos resultados dos socialistas nas eleccións galegas. Desde Marrocos, o presidente do Goberno relacionouno coa falta de renovación nos liderados territoriais do PSOE e rexeitou que esteamos ante un cambio de ciclo na política nacional.

 "Teño toda a responsabilidade, son secretario xeral do Partido Socialista. Escoitei ao señor Feijóo dicir que está en pé. Está en pé na oposición e eu estou en pé no Goberno. E así seguiremos outros catro anos máis ata que se convoquen eleccións e 2027. E por tanto o cambio de ciclo, fíxese as veces que pode cambiar o ciclo", dixo o presidente do Goberno durante a súa viaxe a Marrocos.

Será entón, dixo, cando os españois decidirán se queren "continuar cunha folla de roteiro progresista" con creación de emprego e superación de conflitos territoriais, ou se prefiren "un Goberno de coalición reaccionaria" conformado por PP e Vox.

Respecto ás autonómicas galegas, nas que o PSOE colleitou un mal resultado, asegurou que el ten "toda a responsabilidade" en tanto que é secretario xeral do partido, e admitiu que aínda ten que acometer a "renovación de liderados territoriais", xa activada na Comunidade Valenciana ou Estremadura.

Trátase, sinalou, duns "deberes por facer" pendentes desde as últimas eleccións xerais de xullo e que se comprometeu a abordar despois das eleccións europeas do 9 de xuño.

Xa antes destas declaracións públicas, Sánchez desligou os resultados do PSOE en Galicia da súa xestión á fronte do Goberno e asegurou: "teño todo o tempo do mundo" porque non haberá novas eleccións xerais ata 2027.

O presidente circunscribiu os resultados a Galicia e rexeitou que os socialistas puidesen sufrir un desgaste polas alianzas cos partidos nacionalistas e independentistas.

Pola contra, interpreta que o ocorrido forma parte da evolución dun país como España no que os cidadáns teñen cada vez maior cultura democrática e optimiza o seu voto en función de cales sexan as expectativas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade