Feijóo e Sánchez confirman que intentarán formar Goberno, malia que persiste o bloqueo para a presidencia do Congreso
Feijóo e Sánchez confirman que intentarán formar Goberno, malia que persiste o bloqueo para a presidencia do Congreso
Feijóo e Sánchez confirman que intentarán formar Goberno, malia que persiste o bloqueo para a presidencia do Congreso
O PP propón a Cuca Gamarra como candidata para presidir o Congreso e a Pedro Rollán para o Senado
Na primeira xuntanza co Grupo Parlamentario, Núñez Feijóo confirmaba que a candidata do PP para presidir o Congreso será Cuca Gamarra, que disputará o posto coa socialista Francina Armengol.
Aínda sen alternativa para o desbloqueo, Alberto Núñez Feijóo insiste en que o PP ten o aval das urnas para dirixir a Cámara Baixa e tamén para gobernar.
"Estou preparado, e asumo a responsabilidade se así mo encarga o Xefe do Estado. A alternativa será mala: unha repetición electoral. Ou aínda peor: un goberno destrutivo", afirmou Feijóo.
Pedro Sánchez confía en repetir na Moncloa e reafirmou este mércores a súa vontade de presentarse á investidura. Con ataque directo ao PP.
"Non é momento de meterlle presuión ao Rei nin de facer cábalas. É o momento da democracia parlamentaria", dixo o presidente do Goberno en funcións.
De momento a contenda está na constitución da mesa do congreso. Para conseguir o apoio dos nacionalistas Sánchez prometeu impulsar o uso das linguas cooficiais na Unión Europea. Pero nin o PNV nin Junts o ven suficiente. Nun chío, Puigdemont pide feitos comprobables a cambio dos seus votos, que non desvelarán ata o mesmo xoves.
Ao tempo que o PSOE, Sumar tamén negocia o seu apoio. Yolanda Díaz di que están tendo "conversas discretas e de alto nivel" tanto con Junts como con outros grupos.
O quebracabezas complétao Vox, que negocia co PP unha vicepresidencia na Mesa do Congreso, pero non a calquera prezo.
"Nunca imos aceptar a presenza do PNV nin dunha forza nacionalista", di Abascal.
O escenario non pode estar máis aberto. E con el o futuro de España. O que pase este xoves no Congreso será definitivo para saber se é posible unha investidura ou se se aveciña unha repetición electoral.