Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sánchez e Feijóo escenifican as súas diverxencias en política tributaria

Sánchez e Feijóo escenifican as súas diverxencias en política tributaria

Sánchez reitera que o Goberno continuará coa súa folla de ruta e reivindica o imposto á banca para que os de arriba axuden aos de abaixo

 Núñez Feijóo aposta pola estabilidade nas políticas fiscais e rexeita as improvisacións que, ao seu xuízo, danan a confianza empresarial

G24.gal 05/11/2022 14:34 Última actualización 05/11/2022 15:06

Críticas de Pedro Sánchez ao PP desde Vitoria. Nun acto do PSOE asegurou que o Goberno ofrece solucións e que a oposición só formula problemas a cada unha das solucións do executivo. Dixo que onte volveu escoitar dirixentes do PP, aos que cualificou como "corifeos do neoliberalismo", criticando o imposto á banca.

"Pois sinto moito dicirlles, dígoo con calma pero con moita convicción, que o Goberno de España vai seguir coa folla de ruta de aprobar uns impostos para que os que están arriba apoien os que están abaixo nestas circunstancias tan dramáticas que provocou a guerra de Putin en Ucraína".

O líder do PP, Núñez Feijóo, almorzaba este sábado con empresarios do Uruguai e alí explicou que a súa tarxeta de presentación é a experiencia na xestión e o rigor no gasto público. Sinalou que España ten que ser un país previsible, lonxe de tentacións populistas, e que o obxectivo é xerar estabilidade e confianza para captar riqueza.

"Confianza nas políticas tributarias e fiscais sabendo o que vostede me vai esixir desde o punto de vista fiscal e tributario e non improvisando cada tantos meses novas taxas, novos impostos, novas contribucións que estragan calquera viabilidade dunha compañía".
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade