Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sánchez reafirma a Mohamed VI a posición de España sobre o Sáhara

Sánchez reafirma a Mohamed VI a posición de España sobre o Sáhara

O presidente e o monarca escenifican a nova etapa de relacións bilaterais 

G24.gal 07/04/2022 20:40

España e Marrocos normalizan as súas relacións bilaterais. Coa visita do presidente do Goberno a Rabat deixan atrás a crise diplomática aberta cando hai un ano o líder da Fronte Polisario recibiu tratamento médico contra a covid–19 en Logroño.
 
E prodúcese despois de que o presidente do Goberno avalase a proposta de autonomía para o Sáhara Occidental que defende Marrocos e a cualificase como a base máis seria, crible e realista para resolver un conflito enquistado durante case medio século.

Pedro Sánchez está en Rabat convidado polo monarca alauita nunha visita curta pero cargada de xestos de amizade. O máis simbólico, a participación de Sánchez no tradicional iftar, a cea con que os musulmáns rompen o xaxún diario con motivo do Ramadán.

A Moncloa defende que ademais de reiniciar as relacións, esta visita é o principio dunha etapa histórica entre os dous países, con feitos concretos que o tempo irá evidenciando. Agardan a normalización nas fronteiras terrestres, marítimas e aéreas. Tamén reforzar a colaboración en ámbitos como o da seguridade e o da inmigración irregular, que aumentou considerablemente coincidindo coa crise diplomática.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade