Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sanidade propón eliminar as gardas médicas de 24 horas en urxencias

Sanidade propón eliminar as gardas médicas de 24 horas en urxencias

Os estudos laborais recoñecen a repercusión das quendas prolongadas na saúde do persoal e na atención

O corpo médico reclama que se revise tamén o sistema retributivo asociado a estas gardas

G24.gal 17/03/2024 14:24 Última actualización 17/03/2024 14:55

O Ministerio de Sanidade anunciou a súa intención de rematar coas gardas médicas de 24 horas nos servizos de urxencias. Galicia ten desde 2007 un acordo sobre as condicións destes profesionais que xa establecen quendas rotatorias de traballo e non gardas.

Os médicos recoñecen que as xornadas de máis de 12 horas repercuten no seu rendemento profesional e que é necesario revisar as condicións de traballo nesta área e o déficit de profesionais.

Os estudos realizados sobre a calidade da asistencia sanitaria que se dá en xornadas de traballo prolongadas amosan o efecto que ten no rendemento dos profesionais. No caso dos médicos de urxencias, ademais da afectación na súa saúde pola falta de descanso, repercute tamén no paciente. 

"As gardas de 24 horas provocaban unha afectación no tempo de decisión e resposta. Iso é importante. Nós traballamos con patoloxías tempodependentes. Traballamos intentando dar a excelencia na inmediatez. Pensemos nun condutor de autobús ou nun piloto que leva máis de 12 horas traballando, sería inconcibible. Os médicos somos persoas igual que o resto", recoñece Xosé Manuel Fandiño, coordinador de Urxencias do Complexo Hospitalario da Coruña e presidente da Sociedade Española de Medicina de Urxencias e Emerxencias.

Insisten en que ademais faltan xa profesionais de urxencias, que o cadro de persoal está envellecido nesta área e que é necesario compensar o sistema retributivo para que o salario dos médicos non dependa das gardas.

"Servizos de Urxencias como Burela ou como Ourense están xa con falta de recursos humanos. Fai falla sentar e facer unha previsión de futuro. Imos precisar máis recursos humanos para pasar a quendas ou gardas de 12 horas, o que se decida, e por outro lado hai que mudar as condicións laborais", reclama Fandiño.

A intención do Goberno é incluír esta medida na reforma do Estatuto Marco dos profesionais dos servizos de saúde.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar