Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sara Sorribes e Cristina Bucsa conseguen o bronce en dobres femininos

Sara Sorribes e Cristina Bucsa conseguen o bronce en dobres femininos

A parella española venceu as checas Muchova e Noskova cun dobre 6-2

Foto: Reuters
G24.gal 04/08/2024 13:21 Última actualización 04/08/2024 14:43

As españolas Sara Sorribes e Cristina Bucsa conseguiron o bronce olímpico tras derrotar no partido polo terceiro posto ás checas Muchova e Noskova. 

Dende os primeiros intres a parella española comezou marcando o ritmo do partido e conseguiron sobrepasar ás centroeuropeas tras romperlles o saque moi cedo. Sorribes e Bucsa mantiveron a intensidade deste inicio trepidante e pecharon o set sen apenas maiores complicacións, 6-2. 

Na segunda manga as checas mantivéronse con dúbidas e as españolas continuaron a morder en cada punto. Tanto foi así que o primeiro xogo, con servizo para as checas, caeu do lado español á segunda bola de partido e tras remontar un 40-15. Nese momento a parella centroeuropea era un mar de dúbidas e caían en picado ante unha española moito máis sólidas.  O primeiro xogo de Muchova e Noskova chegou tras romper o servizo das ibéricas cando o marcador indicaba 3 a 0 a favor destas últimas. Con ese xogo conseguiron encadear intres de dúbidas para as dúas españolas, que a base de golpes gañadores seguiron por diante no marcador, sumando xogos e pechando o partido cun 6-2 máis que merecido tras un gran partido.

Bronce para Cristina Bucsa e Sara Sorribes e unha medalla máis para a conta española. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos