Sarria rexistra un tremor de 3,7 graos que se sentíu en 150 localidades
Sarria rexistra un tremor de 3,7 graos que se sentíu en 150 localidades
O sismo produciuse ás 16.40 da tarde na parroquia de Betote e non ocasionou danos
O concello de Sarria rexistrou na tarde deste venres un tremor de 3,7 graos de intensidade.
Segundo o Instituto Xeográfico Nacional, o sismo ocorreu exactamente ás 16 horas e 40 minutos.
O movemento sísmico produciuse practicamente na superficie, o que fixo que fose moito máis perceptible para a poboación.
O epicentro non foi o núcleo de Sarria, senón na parroquia de Betote, cara ao leste.
O tremor tamén se sentiu con intensidade noutros puntos da provincia de Lugo, incluído a contorna da capital e, mesmo, en zonas máis ao norte como Vilalba e A Mariña.
Ademais, segundo a web do IGN e varios usuarios que compartiron mensaxes a través de redes sociais, púidose notar en puntos da provincia da Coruña. En total, o sismo percibiuse nunhas 150 localidades.