Dous fortes sismos causan danos en casas, cortes de luz e corrementos de terra en Cuba
Dous fortes sismos causan danos en casas, cortes de luz e corrementos de terra en Cuba
As autoridades da illa non informaron ata o momento da existencia de vítimas
O presidente Díaz-Canel pídelle á poboación que se manteña en lugares abertos porque o esencial "é salvar vidas"
Dous fortes sismos de magnitude 6 e 6,7 graos na escada de Richter provoca corrementos de terra, danos en vivendas e na instalación eléctrica na zona central e oriental de Cuba.
O primeiro tremor sucedeu ás 10:50 hora local (15:50 GMT) e o segundo rexistrouse ás 11:49 (16:49 GMT), a 32 e 48 quilómetros respectivamente do municipio Pilón, na provincia Granma, respectivamente,
Tras eles, producíronse ata 300 réplicas, das que quince foron perceptibles para a cidadanía, segundo informou o Centro Nacional de Investigacións Sismolóxicas.
Na rede social X, o presidente Miguel Díaz-Canel pediulle á poboación nos territorios de Granma e Santiago de Cuba "saír e manterse en lugares abertos. O primeiro, e esencial, salvar as vidas".
O mandatario explicou que as autoridades comezan xa a "avaliar danos para empezar a recuperación". Segundo sinalou: "Tocáronnos uns días difíciles, pero recuperámonos; por moi difícil que sexa, levantarémonos".
Informes preliminares sinalan que os sismos provocaron derrubamentos "totais ou parciais de casas e centros estatais", ademais de "fendas e paredes e caídas de postes eléctricos". É o caso do faro de Cabo Cruz (Ganma), de 150 anos, que presenta fisuras na súa estrutura.
Pedimos a nuestra población en esas zonas salir y mantenerse en lugares abiertos.
— Miguel Díaz-Canel Bermúdez (@DiazCanelB) November 10, 2024
Comenzamos a evaluar daños para empezar la recuperación. Lo primero, y esencial, salvar las vidas.
2/2
As autoridades locais fan un chamamento aos veciños para que manteñan a calma, prudencia e disciplina e cumpran as medidas orientadas para estes casos.
Había catro anos que a provincia de Granma non sufría o impacto dun sismo destas características, tras o tremor rexistrado en 2020, que acadou os 7,1 graos na escala de Richter.
O movemento telúrico ten lugar apenas tres semanas despois do paso do furacán Óscar, que provocou oito mortos, dous desaparecidos, inundacións e afectacións graves en vivendas e infraestruturas.