Publicador de contidos
Publicador de contidos

Satisfacción en ForoEsGal tras converter a economía social nun reto do Goberno Galego

Satisfacción en ForoEsGal tras converter a economía social nun reto do Goberno Galego

O presidente de ForoEsGal pide máis vixilancia para acabar co intrusismo no sector

A segunda estratexia da economía social da Xunta destina 170 millóns ata 2027

G24.gal 27/01/2024 12:50 Última actualización 27/01/2024 13:32

O presidente de ForoEsGal asegura que a economía social está forte. Representa máis do 7 % do PIB galego e xera máis de 17.000 empregos directos. Pero, a diferenza doutras empresas, di Gándara, no sector da economía social a riqueza que se crea distribúese no contorno.

"É unha realidade económica de primeira orde, polo tanto a consellería de economía e industria ten un papel que xogar, a de ambiente tamén porque temos empresas que se dedican á xestión de residuos, a consellería de medio rural, polas cooperativas do sector agroalimentario. Así que, polo menos no papel, si que hai vontade de ser unha estratexia de goberno, despois os feitos dirán".

Gándara reclámalle á Administración máis vixilancia para que outras empresas non intenten aproveitarse dos incentivos económicos e fiscais da economía social.

"Pois empresas con ánimo de lucro que baixo a aparencia de centro especial de emprego ou de empresas de inserción queren optar a estes contratos e iso require que teñamos unha vixilancia especial e que vaiamos acomodando as lexislacións para protexer e evitar estes riscos".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade