Publicador de contidos
Publicador de contidos

Scholz e Sánchez ratifican a aposta pola interconexión gasística

Scholz e Sánchez ratifican a aposta pola interconexión gasística

O presidente español ofrece "as capacidades" da península ibérica para axudar os seus socios, e propón Italia como alternativa a esa interconexión

O chanceler alemán di que Europa ten a tarefa pendente de crear unha grande rede enerxética

G24.gal 30/08/2022 13:31

O chanceler alemán, Olaf Scholz, ratificou hoxe ante o presidente do Goberno español, Pedro Sánchez, o "apoio total" do seu Executivo a unha interconexión gasística desde a península ibérica como solución "a longo prazo" a unha subministración europea.

A "seguridade das subministracións é parte da seguridade nacional, alemá e europea", afirmou Scholz nunha comparecencia con Sánchez, convidado a participar no inicio do Consello de Ministros alemán extraordinario de dous días que celebra se Meseberg, nos arredores de Berlín.

Pedro Sánchez, pola súa parte, volveu sinalar que se Francia non está polo labor de apoiar esta conexión a través do seu territorio, está aberto a facela a través de Italia. En calquera caso, sinalou que España pon sobre a mesa "as súas capacidades para axudar a aqueles países que agora mesmo están sufrindo máis a dependencia do gas ruso e da chantaxe enerxética de Putin".

Máis alá desta interconexión, o chanceler alemán destacou que Europa ten como tarefa pendente crear unha grande rede eléctrica, peor tamén do gas, amais do hidróxeno como aposta verde de futuro.

A crise enerxética é a cuestión central da reunión do Executivo de Scholz e tamén da visita de Sánchez, que se produce ademais despois de que onte luns a presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen anunciase unha "intervención de emerxencia" e unha reforma estrutural dese mercado ante o seu desorbitado encarecemento.

Nin Sánchez nin Scholz se referiron directamente a esa intervención, pero vai na liña da proposta que o presidente español leva reclamando un ano, e a reforma medio prazo do mercado enérxico que estuda o Goberno alemán, segundo transcendeu a pasada fin de semana, incluída a desvinculación do prezo do gas e do da electricidade, algo que Berlín rexeitaba de plano ata hai uns meses.

"A guerra de Rusia sobre Ucraína precipitou a necesidade de reflexionar sobre a seguridade nacional e enerxética", afirmou Scholz, aínda que sen referirse explicitamente a esa reforma en cernes.

España é "un amigo moi especial, no contexto de alianzas de Alemaña", afirmou o chanceler, ao referirse ao contexto internacional, a escala europea e transatlántica, así como ás relacións bilaterais entre ambos os países. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade