Publicador de contidos
Publicador de contidos

Scrubb, o xogador máis valorado da historia do Obradoiro, non segue en Santiago

Scrubb, o xogador máis valorado da historia do Obradoiro, non segue en Santiago

O canadense anunciou nas súas redes sociais o final da relación que o uniu ao Obradoiro as tres últimas temporadas

G24.gal 15/05/2024 20:20

Un dos mellores xogadores da historia recente do Obradoiro, Thomas Scrubb, non seguirá a vindeira temporada. Anunciouno nas súas redes sociais, onde dixo estar apesarado por ter que deixar o club deste xeito logo do descenso a Leb Ouro. Scrubb (33 anos) chegou a Santiago hai tres temporadas e converteuse no xogador con meirande valoración da historia do club en ACB. 

O xogador de Montreal foi un dos indiscutibles para Moncho Fernández. Un portento físico que perdeu un só partido en tres anos. Mediou case 12 puntos por partido amosando unha gran regularidade en todas as campañas e chegou aos 1447 créditos de valoración. Esta temporada botou o equipo ás costas en moitos encontros. Bateu o seu mellor rexistro de puntos nun partido (26 contra Tenerife), de triplas (4 contra o Real Madrid) ou de recuperacións (5 ante o Xirona). 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade