Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sebas Moyano confía na salvación do Lugo antes da visita ao Levante

Sebas Moyano confía na salvación do Lugo antes da visita ao Levante

G24.gal 25/02/2023 14:02

O Lugo agárrase os números e os precedentes para tentar a salvación.

Con corenta e dous puntos por xogar e a permanencia a oito de distancia, Sebas Moyano lembrou esta semana que hai cinco temporadas, cando militaba no Córdoba, o equipo conseguiu recuperar once puntos de desvantaxe gracias a nove vitorias, dous empates e só tres derrotas nos últimos catorce partidos: "Era una situación parecida, unha situación límite".

O do Córdoba non foi o único caso. Hai once anos, o Zaragoza conseguiu salvarse na última xornada ante o Xetafe, malia estar a dez puntos da permanencia a catorce encontros do final. O técnico lucense Joan Carrillo sabe o que hai que facer porque xa pasou por circunstancias semellantes: "É unha situación na que se xeran moitas dúbidas porque o ser humano tende a buscar escusas, non a buscar solucións. Entón nesa busca de escusas sucede de todo e o que che fai é distorsionar, ver o camiño de xeito diferente. O que temos é que estar todos moi conscientes do que temos que facer e confiantes, todos. Se o facemos así, estou seguro de que o imos sacar".

O primeiro obxectivo é recuperar os xogadores e que o ánimo se Levante.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade