Seewer gaña o MXGP de Suecia e Prado foi o quinto
Seewer gaña o MXGP de Suecia e Prado foi o quinto
Rubén Fernández só puido ser o 16º logo dunha caída
Tim Gajser podería ser o Campión do Mundo o domingo en Finlandia
Non foi o mellor dos Grandes Premios dos pilotos galegos de MXGP. Na primeira manga, Jorge Prado colocáronse entre os dez primeiros pero tiveron problemas para avanzar posición nun circuíto que dificultaba os adiantamentos.
Prado superou a Guillod e concluíu no quinto posto. Rubén Fernández caeu cando ía 10º e perdeu posicións ata o 17º. Nesta primeira careira salientou o espectacular triplo de Yamaha, con Renaux, Seewer e Coldenhoff copando as tres primeiras posicións.
Na segunda manga non lles foi moito mellor. Jorge Prado protagonizou unha bonita loita con Calvin Vlaanderen ao que conseguiu superar pero sen posibilidades de ir máis aló do sexto posto. Fernández, lastrado polas molestias físicas dunha fractura de brazo, conformouse con ser o 13º.
Por diante, Renaux caeu nada máis comezar a carreira e púxolle en bandexa o triunfo ao seu compañeiro Seewer. Gajser foi o segundo e repetiu ese mesmo posto nun podio que completou o holandés Glenn Coldenhoff.
No Mundial, Tim Gajser aloumiña o título. Deberá manter 100 puntos de renda ao remata do Grande Premio de Finlandia o próximo domingo. Seewer abre oco no segundo posto por diante de Prado e Rubén Fernández ve como Bogers pon en perigo a súa sexta posición no Mundial.
P.5 en un fin de semana en el que me he encontrado muy bien. Quizá no se ha visto reflejado en el resultado final pues dos malas salidas me hicieron estar fuera del podio. Pero estoy por fin contento con el camino hacia donde vamos con esta nueva moto. 📸 @JPAcevedoMX #sixt1🔥 pic.twitter.com/d9YDTwtMso
— JORGE PRADO GARCÍA (@jorgeprado61) August 7, 2022