Publicador de contidos
Publicador de contidos

Segue a chegada de migrantes á fronteira entre Polonia e Belarús

Segue a chegada de migrantes á fronteira entre Polonia e Belarús

Hoxe viaxa á zona unha delegación da ONU para avaliar a situación 

G24.gal 11/11/2021 12:59

Milleiros de migrantes seguen atrapados na fronteira entre Belarús e Polonia sen case víveres e con temperaturas baixo cero.

Buscan protección en Europa, de momento sen resultado. Polonia mantén 15.000 efectivos despregados na fronteira para evitar que crucen. 

O presidente do Consello Europeo Charles Michel amosouse partidario de financiar un muro nese punto. Unha delegación da ONU visita hoxe a zona para avaliar a situación dos aspirantes a refuxiados, entre eles, moitas mulleres e nenos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade