Publicador de contidos
Publicador de contidos

O presidente da Deputación de Badaxoz defende a legalidade da creación da praza do irmán de Sánchez

O presidente da Deputación de Badaxoz defende a legalidade da creación da praza do irmán de Sánchez

Este venres declararon ante a xuíza que leva o caso catro alto cargos da deputación de Badaxoz, investigados na causa contra o irmán do presidente do Goberno

A xuíza analiza se houbo prevaricación e tráfico de influencias na contratación de David Sánchez como director de artes escénicas da deputación de Badaxoz 

G24.gal 17/01/2025 14:41

Últimas declaracións na causa aberta contra o irmán de Pedro Sánchez. Son as de varios funcionarios da Deputación de Badaxoz. A xustiza investiga se o posto que ocupa David Sanchez no organismo provincial como responsable da Oficina de Artes Escénicas foi creado á medida.

Durante a súa comparecencia hai unha semana no xulgado negou as acusacións, pero cando lle preguntan polo proceso de selección. "Non lembro exactamente o que me preguntaron, a duración tampouco lle podería dicir, non o sei", dixo David Sánchez, irmán do presidente do Goberno.

Tampouco soubo precisar onde se localiza a oficina da que é responsable. "Non lle podería dicir, será no despacho onde estou aloxado", explica David Sánchez, irmán do presidente do Goberno.

Xunto a David Sánchez tamén está investigado o presidente da Deputación de Badaxoz. Hoxe nunha entrevista en Onda Cero, Miguel Ángel Gallardo dixo que el era o responsable da creación desa praza, defendeu a legalidade do proceso e di que non lle ve máis percorrido xudicial ao caso.

"Tras as declaracións, é o momento de pedir o arquivo da causa, está claro que isto foi diluíndo coma un terrón", dixo Miguel Ángel Gallardo.

A xuíza investígaos polos delitos de prevaricación, tráfico de influencias e malversación. A investigación foi iniciada a raíz dunha denuncia presentada pola organización Manos Limpias.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade