Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sumar advírtelle ao PSOE que hai que cumprir o acordo de goberno

Sumar advírtelle ao PSOE que hai que cumprir o acordo de goberno

Yolanda Díaz reúne nun acto político a todos os cargos das formacións que integran Sumar e revindica o papel da formación nos avances sociais

G24.gal 17/01/2025 14:35

Cando o acordo dentro do Goberno para sacar adiante a reforma laboral parecía encamiñado, a ministra de Traballo fai unha advertencia. "Como ten acompañante extravagantes a redución da xornada laboral, non baixemos os brazos", di Yolanda Díaz.

Son palabras nun acto da formación Sumar, que reivindica o seu papel nos avances laborais. A tramitación da redución de xornada comezará o próximo 27 de xaneiro dentro do Goberno e a parte socialista marca condicións."Temos que dar marxe de flexibilidade, acompañar as pemes que poden ter unha maior dificultade. Un dos puntos pode ser unha aplicación máis progresiva para aquelas empresas que o necesiten. Esa será parte da discusión", asegura o ministro de economía, Carlos Cuerpo.

Os dereitos laborais non son o único punto de roce.  Sumar apunta os compromisos en vivenda e en prestacións sociais. "Basta xa. Hai que cumprir os acordos de goberno. Aquí vai o modelo de pais que queremos. E non queremos un modelos de país low cost", di Yolanda Díaz.  E asegura que cumprir o pactado é o único xeito de poder reeditar unha coalición de goberno de esquerdas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade