A CRTVG convoca os Premios AGalega.gal para celebrar o aniversario das súas tres plataformas
A CRTVG convoca os Premios AGalega.gal para celebrar o aniversario das súas tres plataformas
Nun ano AGalega.gal, AGalegaAudio.gal e Xabarín.gal suman xa preto de dous millóns de usuarios
As tres plataformas da Radiotelevisión de Galicia, AGalega.gal, AGalegaAudio.gal e Xabarín.gal están de aniversario. Fan un ano con preto de dous millóns de usuarios e máis de once millóns de páxinas vistas.
O 60 % a través dos dispositivos móbiles, achegando contidos en galego á audiencia máis nova. Entre a tres plataformas superan 25.000 propostas diferentes de balde e acceso libre.
AGalega sitúase entre as dez plataformas máis vistas de España. A única, canda a da televisión catalá, que non emite en castelán. E nun ano chegou a máis de 200 países.
Isto ten premio. Os de AGalega.gal. A directora de AGalega.gal e Xabarín.gal explica que "poderá participar toda a cidadanía. O público vai poder elixir cales son os seus contidos favoritos, especialmente os que son exclusivos das plataformas. E os votos vanse premiar",
María Sabucedo engade que pronto saberemos máis de como será o proceso de voto. De momento convida a que ver eses contidos exclusivos e tamén os que xa son historia da TVG.
A cativada pode explorar na maior oferta de contido en galego nos 40 anos da TVG. E neste aniversario Xabarín failles un agasallo cunha sección nova. Os socios poderán verse na plataforma e compartilo con amigos e familiares.