AGalega.gal estrea nova sección de curtametraxes galegas
AGalega.gal estrea nova sección de curtametraxes galegas
Os usuarios da plataforma da CRTVG poderán gozar dunha nova sección de curtametraxes galegas, que contará con importantes e premiadas producións, como, entre outras, ‘Matria’, de Álvaro Gago, e ‘Anacos’, de Xacio Baño
A partir deste xoves, os usuarios da plataforma AGalega.gal poderán gozar dunha nova sección de curtametraxes galegas, moitas delas premiadas e cun importante percorrido en festivais internacionais.
No lanzamento publicaranse oito curtas, entre elas a produción do director vigués Álvaro Gago, ‘Matria’, así coma ‘Sandwich Cat’, unha curtametraxe de 2023 ou ‘Anacos’, de Xacio Baño. Tamén estarán producións como ‘Plus ultra’, ‘Xoves de comadres’, ‘Son unha tumba’, ‘Montaña en sombra’ e ‘Mentres iso pasa’. Cada semana sumarase un novo título a esta sección.