Segunda noite de disturbios en Francia pola morte a mans da policía dun rapaz negro
Segunda noite de disturbios en Francia pola morte a mans da policía dun rapaz negro
Hai máis de 150 detidos e o goberno de Macron convocou unha reunión de urxencia
Segunda noite de disturbios despois da morte dun mozo de 17 anos por un disparo da policía en Nanterre, nas aforas de París.
As violentas protestas estendéronse a outras cidades francesas e hai 150 detidos.
A reiteradas chamadas á calma por parte das autoridades non produciron efecto, e París e outras cidades francesas foron escenario dunha nova noite de violentos disturbios.
Segundo o ministro do Interior, hai 150 detidos, unha vintena de policías feridos e ducias de coches queimados.
Varios edificios públicos como colexios, comisarias e sedes de concello foron atacados durante os disturbios.
A violencia, que na noite anterior se concentrou en Nanterre e outras cidades próximas á capital francesa, estendeuse a outras urbes como Toulouse, no sur, Evreux, na rexión de Normandia, ouTurcoing, na fronteira con Bélxica.
O presidente, Emmanuel Macron, reuniu este mañá o gabinete de crise para abordar a crecente indignación social provocada pola morte a mans da policía dun rapaz negro de 17 anos.
O mozo conducía sen carné un coche deportivo de alugueiro cando unha parella de axentes en moto lle deu o alto.
Segundo se pode ver nunha gravación efectuada por unha testemuña, un dos axentes dispáralle a través da fiestra do condutor cando o mozo arrincaba o coche.
O axente está detido acusado dun delito de homicidio voluntario e a fiscalía pide que ingrese en prisión.