Publicador de contidos
Publicador de contidos

Segunda xornada do PortAmérica con Aitana, León Benavente, Luz Casal e The Rapants

Segunda xornada do PortAmérica con Aitana, León Benavente, Luz Casal e The Rapants

Moitos dos concertos poden verse en directo na plataforma agalega.gal

Pola tarde, Besmaya foi unha das bandas máis agardadas polos fans da escena indie-pop española, e Caloncho, un dos autores máis comprometidos co medio ambiente na industria

G24.gal 05/07/2024 21:53

E no recinto da Azucreira, no concello de Portas, continúa hoxe o festival PortAmérica, que segue gozando dun clima solleiro perfecto para gozar da música ao aire libre. 

Continúa a duodécima edición dun dos festivais máis emblemáticos de Galicia, o PortAmérica, que se está a celebrar desde o xoves no recinto da Azucreira en Portas. Aquí non está pelexado ir de festival coa maridaxe duns bos petiscos elaborados por reputados cociñeiros. E o público un ano máis, está pletórico.

Besmaya foi unha das bandas máis agardadas pola tarde, formado por dous amigos da infancia que despuntan na escena indie-pop española.

E pouco despois saltou a escena Caloncho, con máis de 10 anos de traxectoria, pode botar peito de ser un dos autores máis comprometidos co medio ambiente na industria.

Despois tócalle a quenda a Luz Casal, unha das nosas artistas máis internacionais, que non necesita máis presentación con case 50 anos sobre os escenarios.

Collerá a remuda Aitana, un dos fenómenos musicais máis importantes dos últimos anos dentro do panorama nacional. 

Pero hai outras propostas moi distintas coma León Benavente ou o andaluz Sarria que chega para movernos co seu rock psicodélico.

E que mellor que rematar con música galega a cargo da banda The Rapants, que será a encargada de poñer o broche de ouro. Será un dos moitos concertos retransmitidos en directo que se poden ver na plataforma agalega.gal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade