Publicador de contidos
Publicador de contidos

Taiwán denuncia que os barcos e avións chineses cruzaron a fronteira

Taiwán denuncia que os barcos e avións chineses cruzaron a fronteira

Cruzaron a liña media do Estreito, que funciona como unha fronteira tácita entre A China e Taiwán

A China sanciona a Pelosi por "socavar a soberanía e a integridade territorial" do país e toma represlaia contra os EUA

G24.gal 05/08/2022 09:25 Última actualización 05/08/2022 13:00

A China está asediando Taiwán co lanzamento de mísiles de longo alcance, prácticas de tiro e despregando ducias de avións militares. As manobras manteñen pechado o espazo marítimo e aéreo en seis zonas arredor da illa.  E o goberno do Xapón tamén protestou pola caída de cinco mísiles en augas da súa zona.

A presidenta da Taiwán pide contención a Pequín. Di que non contribuirán a aumentar a tensión pero que defenderán a súa soberanía, e pediu o apoio da comunidade internacional. Responderon os Estados Unidos.  

O voceiro da Casa Branca, John Kirby, anunciou que de momento van deixar na zona o portavións Ronald Reagan para vixiar a situación. O buque desprazárase inicialmente para escoltar a Pelosi, que onte remataba en Xapón a súa xira por Asia, que desencadeou toda esta crise. 

A presidenta da Cámara de representantes dos Estados Unidos tachou de ridículo que a súa viaxe a Taiwán prexudique a illa. Di que o seu país non quere cambiar a situación en Asia, senón mantela como está. 

Discrepa A China que cualificou a visita de Pelosi como farsa e traizón xa que reclaman a soberanía sobre Taiwán e a consideran unha provincia rebelde. 
 

A China sanciona a Pelosi por "socavar a soberanía chinesa" coa súa viaxe

A Chancelería chinesa anunciou este venres sanciones contra a presidenta da Cámara de Representantes dos EUA, Nancy Pelosi, e os seus familiares directos por "facer caso omiso da preocupación e a firme oposición" da China á súa viaxe a Taiwán e por "socavar a soberanía e a integridade territorial" do país asiático.

A carteira non proporcionou detalles específicos sobre as sancións, pero acusou a Pelosi, quen este mércores visitou Taiwán a pesar das protestas de Pequín, de "interferir nos asuntos internos de China" e "ameazar a paz e a estabilidade no Estreito de Taiwán"

Oito medidas en protesta contra os EUA

Suspéndense a cooperación na repatriación de inmigrantes ilegais, na asistencia xudicial penal, no control de drogas, na loita contra os delitos transnacionales e as conversacións sobre a loita contra o cambio climático dos dous países.

Así mesmo, a Chancelería chinesa informou da cancelación das chamadas telefónicas entre os líderes de comandos militares e das reunións de traballo entre as carteiras de Defensa de ambas as potencias e as do Mecanismo de Consulta de Seguridade Marítima Militar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade