Publicador de contidos
Publicador de contidos

Zonas vitivinícolas de Galicia e O Bierzo buscan como afrontar o cambio climático

Zonas vitivinícolas de Galicia e O Bierzo buscan como afrontar o cambio climático

Seis denominacións de orixe analizan en Ourense o futuro da viticultura

G24.gal 01/02/2024 14:09

"Hai moita xente que non o cre, pero a realidade é que o cambio climático está aí", explica Emilia Díaz Losada, da Estación de Viticultura de Galicia.  

Hai un aumento das temperaturas, da aridez, unha diminución das precipitacións. E as ferramentas para loitar contra esa realidade están, por unha parte, nas técnicas de cultivo.

"No posible desprazamento da viña a zonas máis altas ou non tan orientadas ao sur", di Díaz Losada.

Serían cambios para corrixir os desequilibrios provocados porque as cepas agroman antes e están máis expostas a cambios bruscos do tempo. Tamén a pragas e fungos, no contexto dunha normativa europea que prescinde paulatinamente dos fitosanitarios.

Por iso, empresas e administracións buscan alternativas. No mundo da empresa, da docencia, da investigación, que deben establecer relacións e buscar solucións compartidas. Unha das propostas é a intervención xenética das variedades, cruzándoas coas que son resistentes aos fungos.

"O que queremos facer é que a albariña, a godello ou a treixadura, as variedades autóctonas, cruzalas e cruzalas cunha que teña resistencia. E o resultado será outro nome porque por lei hai que poñerlle outro nome, pero ao catalo recoñecerse esa variedade", dixo Benjamín Crespo, responsable da zona norte de Agromillora Iberia.

Son algunhas das ideas a debate para que a viticultura siga sendo sostible a nivel ambiental e económico.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade