Publicador de contidos
Publicador de contidos

Seis persoas disfrazadas de pallaso atacan un mozo en Cangas cun bate e armas de simulación

Seis persoas disfrazadas de pallaso atacan un mozo en Cangas cun bate e armas de simulación

O agredido e un compañeiro seu tamén son coñecidos por intervencións policiais anteriores e a investigación apunta a un axuste de contas por venda de drogas

A policía incautouse de dúas armas de aire comprimido que tiñan na casa os agredidos e atopou o coche co que supostamente fuxiron os agresores

Armas de aire comprimido incautadas ao agredido (Policía Local de Cangas) Armas de aire comprimido incautadas ao agredido (Policía Local de Cangas)
G24.gal 09/07/2024 16:18 Última actualización 09/07/2024 17:25

A contorna deste porto de Cangas viviu unha escena propia dunha película de bandas criminais. Un grupo de seis encapuchados coa cara cuberta cunha máscara de pallaso atacaron un mozo da zona con bates de béisbol e armas de simulación.

A investigación céntrase en que é un caso de axuste de contas por venda de drogas, porque os implicados son vellos coñecidos da policía e algúns teñen antecedentes por tráfico de drogas a pequena escala.

Alberto Agulla, inspector xefe da Policía Local de Cangas conta o sucedido: "Chamáronnos uns particulares alertando dunha agresión no peirao da Pasaxe e cando chegaron as patrullas había un coche de alta gama que fuxira e unha persoa ferida supostamente por unha arma de simulación".

A operación policial conxunta das policías locais de Cangas e Bueu deu cun dos coches de alta gama en que supostamente fuxiron os atacantes. O vehículo non tiña papeis e no seu interior atoparon un coitelo. Identificaron dous ocupantes, aínda que non atoparon nin o bate nin a arma de simulación.

Pero non só os agresores estaban armados, xa que na madrugada do martes comisaron dúas armas de aire comprimido que o agredido e o seu compañeiro tiñan na casa. Eles non tiñan licenza e estaban rexistradas a nome doutras persoas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade