Publicador de contidos
Publicador de contidos

Seis trucos que poden axudarche a recuperar o hábito lector

Seis trucos que poden axudarche a recuperar o hábito lector

A clave está na constancia e en ir pouco a pouco, con obxectivos sinxelos

Gabri Fuentes 27/01/2023 13:00

Cada vez, as redes sociais cómennos máis tempo e atención. É difícil concentrarse durante longos períodos. E isto pode afectar a lectura, sexa do tipo que sexa.

Perdiches o teu hábito lector? Queres ler máis este 2023?

Pois aquí che traemos seis truquiños que poderían axudarche a recuperar o gusto por ler!

1. Horario

O difícil é poñerse. Reserva un momento do día, por mínimo que sexa. Por exemplo, antes de ir durmir.

Eu recuperei o hábito lendo no transporte público. Así irás collendo costume, que é a clave!

2. Gustos

Parece obvio, pero escolle libros de temas que che gusten. Mellor se son curtos, sentirás que avanzas máis rápido. Xa logo terás tempo de aumentar o número de páxinas.

Ás veces un libro longo, se non estamos afeitos, pode resultarnos un desafío e desanimarnos.

Tamén é importante non impoñernos nada que non nos agrade. Non leas por presión social un libro en concreto ou un xénero co que non acabas de conectar.

Se non tes hábito lector, o mellor é comezar por obras lixeiras e áxiles.

A min a fantasía ou a comedia romántica funciónanme ben cando estou en períodos de seca.

Se precisas consello, pregunta nunha libraría ou unha biblioteca  ou proba a seguir en redes contas de libros. En galego hai unhas poucas.

3. Pouco a pouco

Ponte obxectivos sinxelos. Ler cada día un capítulo ou mesmo só dez páxinas xa é un bo inicio.

Pensa que nun mes lerías un libro de 300 páxinas moi comodamente. E nun ano, saen 12 libros. Nada mal para empezar!

4. En comunidade

Plataformas como Good Reads axudan a levar a conta do que les e do que queres ler e mesmo podes engadir amigos.

Se che gusta socializar, proba a meterte nun club de lectura!

5. Le no móbil

Pasamos horas mirando o móbil. Aproveita e le nel! Lemos chíos, descricións, prensa…

Por que non un par de páxinas dun libro mentres agardas o bus ou estás no baño?

6. Proba os audiolibros

Non tes nada de tempo nin para a primeira páxina? Pois escoita o libro.

O importante é espertar o gusto polas historias. Proba cos audiolibros!

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade