Sen acordos no económico, por Venancio Salcines
OPINIÓN
Sen acordos no económico, por Venancio Salcines
O goberno ten claro que quere unha maior presión fiscal, e ademais necesita demostrarlle a Bruxelas que traballa a prol dela. Por iso busca un novo intento de subir o diésel ata o punto que iguale a gasolina. Podemos encóntrase disposto a apoiala, condicionada a una prorroga de imposto extraordinario á electricidade. Carga fiscal que é problemático que poida prorrogarse, pois non terá o apoio de PNV e Junts.
Empezou a lexislatura chea de reivindicacións territoriais e de novos marcos legais, e mentres estabamos nese eido eran factibles algunhas posicións conxuntas e polo tanto a construción dunha fronte de goberno. Pero ese debate, aínda que non é pasado, tampouco pode ser eterno, por iso entran novos temas na axenda política, moitos deles de carácter económico. E aquí empezan as diferenzas; nese eido, PNV e Junts están lonxe das posicións de BNG, Bildu, Podemos, ERC e Sumar. O goberno, ante as diferentes lecturas económicas que require o país, non ten unha fronte, está só e posiblemente tamén sen moedas de cambio para chegar a acordos. Difícil gobernar sen aliados estables.