Josep Señé asina no Rácing dende o Lugo
Josep Señé asina no Rácing dende o Lugo
O xogador chega a Ferrol despois de dúas tempadas en Lugo
Señé conta con moita experiencia na Segunda División: Lugo, Castellón, Cultural Leonesa...
Xa é oficial. O Racing de Ferrol xa ten a súa segunda fichaxe para a categoría de prata do fútbol español despois da chegada de Nacho Sánchez: Josep Señé.
O futbolista catalán de 31 anos xa é un veterano da Segunda División, pois disputou a categoría co C. D. Lugo, o Castellón e a Cultural Leonesa. Aínda así, tamén disputou minutos na Primeira División co R. C. Celta e o Mallorca.
O mediocentro foi un fixo para os seus adestradores estes dous anos. Disputou 5359 minutos en liga e anotou seis goles entre ambas as tempadas. Trátase dun xogador de 1,84 de altura, mais que destaca pola súa calidade técnica no último tercio do campo.