Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sentir a arte a través do tacto e do oído

Sentir a arte a través do tacto e do oído

Escolares de Fene crean o proxecto 'Tocando As Meninas', co que pretenden que as persoas con dificultades visuais gocen da arte

G24.gal 03/04/2024 14:12

Alumnos de entre 12 e 16 anos do IES de Fene tras varios meses de esforzo e traballo, e moita ilusión, foron quen de crear o seu proxecto: 'Tocando As Meninas'.

"Xurdiu tras un debate grupal onde barallamos varias ideas. Ao final escollemos esta porque era unha moi boa forma de inclusión das persoas con dificultades visuais na arte", explica José Roque Díaz, membro do equipo Os Robots do Pazo do IES de Fene.

E xa coa idea clara, comezaron a traballar nas súas maquetas. Non sen antes empaparse das máis de 400 obras das Meninas que hai esparexidas polo barrio ferrolán de Canido.

"Nesta maqueta empregamos un efecto tridimensional, naquela utilizamos diferentes texturas e nestoutra alturas para que as persoas, a través das cores, puidesen saber como era o cadro", di Gabriel Villar, membro do equipo Os Robots do Pazo do IES de Fene.

... a través do tacto. Pero foron máis aló e buscaron unha solución auditiva.

"Utilizamos unha placa Makey-Makey para programar unha especie de audio que co código Navilens lévache a unha web para explicarte o que é este cadro", comenta Antón Roel,  membro do equipo Os Robots do Pazo do IES de Fene.

"Ao principio xa viamos que era un proxecto moi interesante", manifesta Daniela Pérez, membro do equipo Os Robots do Pazo do IES de Fene.

"E gañamos o premio da Xunta de Galicia ao mellor proxecto de innovación e a candidatura a presentar o proxecto a nivel nacional, e tamén o gañamos", di Zeltia Gurgullo, membro do equipo Os Robots do Pazo do IES de Fene.

"Xa comezaron os primeiros contactos entre as partes colaboradoras que son a ONCE, a empresa de códigos Navilens e Eduardo Hermida que é o impulsor das Meninas de Canido. Van estudar a viabilidade do proxecto para levalo á vida real e este sería o broche de ouro deste proxecto que xurdiu dun colexio público e que fará o mundo un pouquiño mellor", conclúe Nerea Vilela, profesora do IES de Fene e colaboradora do proxecto 'Tocando As Meninas'.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade