Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sergi Quintela: "É incrible poder xogar en Europa co Breogán"

Sergi Quintela: "É incrible poder xogar en Europa co Breogán"

O escolta lugués apostou por seguir no equipo da súa cidade

G24.gal 10/07/2022 16:47

Sergi Quintela comezou a temporada anotando a súa primeira canastra. A da renovación. O escolta lucense rexeitou varias ofertas para seguir xogando xunto o seu irmán no equipo da súa vida.

"É a miña casa, o club no que sempre quixen xogar, o que ía ver de pequeniño e. o final, creo que hai cousas máis importantes ca os cartos, ademáis, tampouco creo que me paguen mal. As ofertas que tiña era de equipos da mesma zona da Liga e, aínda que sexan máis cartos, non é o máis importante neste momento", explicou Sergi Quintela.

Atrás queda aquel rapaz que anotaba triplas con descaro cando acudía a Campus coma os que hoxe dirixe no que tenta transmitir todo o aprendido e aconsellar os rapaces: "Cando non te rendes, pode saír mal unha vez, dúas veces, pero polo xeral soe acabar saíndo ben, e que disfruten facendo o que sexa".

Disfrutar como fixo el nesta campaña completando un ano histórico para o breoganismo coa clasificación para unha competición europea.

"Ter a opción de xogar Europa co Breogán, que o fínal é un pobo, poder xogar por toda Europa creo que é algo incrible e tamén con moita ilusión de poder amosar que o que pasou na última temporada, tamén o podemos volver a repetir, obviamente, sabendo que o noso obxectivo é a permanencia", dixo o xogador lugués.

De cara a unha temporada tan esixente, Sergi Quintela aproveita para lanzarlle un gancho os afeccionados.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar