Publicador de contidos
Publicador de contidos

Compromisos complicados para os dous equipos galegos da ACB

Compromisos complicados para os dous equipos galegos da ACB

O Leyma visita a pista do Andorra (sábado, 20:45) e o Breogán recibe no Pazo o Valencia (domingo, 17:00)

G24.gal 12/10/2024 13:17

A marea laranza xoga en Andorra este serán coa intención de engadir a segunda vitoria esta campaña. Leva un triunfo ante o Madrid e unha derrota en Gran Canaria. Andan con dúbidas, polo estado de Figueroa, Huskic. Lunqvist e Thomkimps.

Ás seis e media arranca e o domingo, ás cinco, será a quenda do Breogán si as condicións do Pazo o permiten. Para iso traballa arreo a empresa do presidente do Lugo, Tino Saqués, encargada das obras. O Breogán recibe o Valencia cun dobre obxectivo. O máis obvio, a procura na primeira vitoria da temporada. E logo o de reparar esa imaxe de mopas e toallas. De xogadores esvarando e petando no chan. Do aprazamento por risco pra saúde que deixou a xornada anterior. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos