Sergio Carreira: "Oxalá xogue no Celta a próxima temporada"
Sergio Carreira: "Oxalá xogue no Celta a próxima temporada"
O xogador está cedido esta campaña no Mirandés, onde é titular indiscutible
Recoñeceu que o seu desexo é retornar ao club celeste para xogar na primeira división
O vigués entrou na convocatoria da selección española sub-21 para cubrir a marcha de Guillamón á absoluta
Sergio Carreira xogou onte Ao contraataque. O lateral vigués amosou a súa felicidade tras repetir convocatoria co combinado que adestra Luis de la Fuente, valorou a súa cesión no Mirandés e expresou o seu desexo de retornar a Vigo para triunfar no Celta:
"Sempre está ben vir á selección. É unha alegría. É unha marabilla estar, respírase fútbol por todas as partes. Oxalá xogue no Celta a próxima temporada. É o meu soño. Aínda é cedo para sabelo. Estou pendente do primeiro equipo e do filial. A segunda división sorprendeume moito. O salto é alto. Eu nótoo. É unha competición moi física, moita presión. Non é fácil a categoría. Non hai xogadores nin equipos malos. Todo é moi igualado. Non hai un extremo que me deixe un partido tranquilo. Estou mellorando sobre todo no apartado defensivo".