Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rueda pídelle á oposición que se sume ás reivindicacións ao Goberno central

Rueda pídelle á oposición que se sume ás reivindicacións ao Goberno central

O voceiro socialista dille a Rueda que a situación da sanidade é moi preocupante que os profesionais están ao límite

Pontón manifesta que o Goberno galego non ten solucións para a xente que o peor o está pasando pola suba da inflación 

Rueda pide a PSdeG e BNG que remen a favor de Galicia e presionen a Sánchez para baixar impostos e ampliar as prazas MIR

Alfonso Rueda, na sesión de control no Parlamento de Galicia
G24.gal 15/06/2022 08:14 Última actualización 15/06/2022 11:01

Minuto a minuto

10:05

Comeza a sesión de control ao presidente da Xunta

10:05

Comeza a intervención do voceiro socialista, Luís Álvarez

10:06

Álvarez a Rueda: "A situación da sanidade é moi preocupante e a situación dos profesionais está ao límite".

10:07

O voceiro socialista di que a baixada en investimento previo trae como consecuencia o que se está a vivir en atención primaria

10:10

Álvarez dille a Rueda que rectifique a súa política sanitaria e pregúntalle que cales van ser as medidas que vai aplicar

10:11

Alfonso Rueda respóndelle ao voceiro socialista

10:12

Rueda pídelle a Álvarez respecto para os profesionais sanitarios e di que a sanidade galega ten 6.500 persoas máis traballando que no bipartito

10:13

Rueda di que son un Goberno serio que quere mellorar a sanidade e que se o problema fose de cartos "xa estaría solucionado"

10:15

Remata a intervención de Rueda e ten a réplica o voceiro socialista

10:16

Álvarez: "O que hai hoxe son 6.000 contratos máis, 6.000 contratos precarios máis".

10:17

Luís Álvarez: "Teñen dous anos para mellorar a situación, garanta que se preste o servizo en atención primaria en dous días".

10:19

Remata a quenda de Luís Álvarez dicíndolle a Rueda que "probe a investir máis en sanidade"

10:20

O presidente da Xunta respóndelle a Luís Álvarez e dille que hai 38 centros de saúde en execución ou reparación

10:21

Rueda: "As listas de espera están na metade de tempo que cando vostedes gobernanban e non había unha pandemia".

10:22

Rueda dille a Álvarez que hai unha convocatoria extraordinaria para cubrir 106 prazas de medicina familiar

10:23

Rueda: "Faga presión política onde a ten que facer".

10:24

Comeza a intervención de Ana Pontón 

10:25

Pontón fai referencia ao aumento de prezo dos alimentos, da luz e dos carburantes

10:25

Pontón dille a Rueda que son o Partido Popular do non e que o BNG trae alternativas

10:27

A voceira socialista dille a Rueda que se aumente o complemento autonómico das pensións nos contributivas e pregúntalle que cales son as súas propostas

10:28

O presidente da Xunta respóndelle a Ana Pontón 

10:28

Rueda: "A suba dos carburantes é tremenda e a cesta da compra está acadando prezos prohibitivos en alimentos básicos"

10:29

Rueda dille a Pontón que non ten competencias para acometer as propostas que lle fixo

10:31

Rueda: "Téndolle a man para defender todo o que lle interesa a Galicia".

10:33

Remata a quenda de Rueda e Pontón respóndelle

10:33

Pontón dille a Rueda que o Goberno galego non ten solucións

10:34

Pontón: "Xestionan 11.600 millóns de euros e teñen capacidade para poñer medidas enriba da mesa para os que peor o están pasando".

10:35

Pontón dille a Rueda que gobernan para os que máis teñen

10:36

Pontón afirma que hai que condicionar aos parques eólicos a crear emprego en Galicia

10:37

Remata a intervención de Pontón e Rueda respóndelle

10:38

Rueda a Pontón: "Hai xente que leva 20 anos quentando a cadeira e nunca gobernou".

10:38

Rueda di que a Xunta pon na parte que pode impostos ás eléctricas e referiuese ao canón eléctrico  

10:40

Rueda di que no mes de abril presentaron un plan de choque e que o BNG votou que non

10:42

Rueda: "A gratuidade das escolas infantís vai beneficiar a moitísimas familias".

10:42

Rueda: "Seguiremos intentando reclamar o que a Galicia lle corresponde, que é un trato xusto para loitar contra a inflación e hai que facelo tamén dende o Goberno central".

10:42

Remata a sesión de control ao presidente da Xunta no pleno do Parlamento de Galicia

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade