Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sánchez acusa o PP de defender "o programa das enerxéticas" e Gamarra dille que está "afastado da xente"

Sánchez acusa o PP de defender "o programa das enerxéticas" e Gamarra dille que está "afastado da xente"

Rufián cualiica como "rácanas" as medidas do Goberno e pide un fondo de rescate para as hipotecas

G24.gal 14/09/2022 08:11 Última actualización 14/09/2022 11:34

O xefe do Executivo, Pedro Sánchez, acusou este mércores o PP de Alberto Núñez Feijóo de defender o "programa das enerxérticas" e subliñou que, aínda que os cartos teñen "moito poder", o poder en democracia é o da maioría social que "o meu Goberno defenderá".

A secretaria xeral do PP, Cuca Gamarra, respondeu que só está centrado na "resistencia" da Moncloa e afastado da xente. "Agora que non pode saír á rúa e ten que facer visitas guiadas pola Moncloa, descubriu cales son as necesidades reais dos españois?", espetou Gamarra na primeira sesión de control do Goberno do Congreso do novo curso político.

A número dous do PP convidou a Sánchez a aplicar as receitas económicas do PP a favor da "España real" e a abandonar a súa estratexia de ataque ao seu partido. Ademais, afirmou que o presidente do Goberno agora só está "centrado na resistencia", cun Goberno que vive en permanente "contradición", cos "socios equivocados" e "máis afastado da xente".

Na súa réplica, Sánchez reprochoulle ao líder do PP que lle "rife"e afirmou que no pleno do Congreso quedou claro este martes que "o programa electoral do PP é o programa das grandes empresas enerxéticas deste país".

Rufián pide un fondo de rescate para as hipotecas

O voceiro de ERC no Congreso, Gabriel Rufián, cualificou como "rácanas" as medidas que aplica o Goberno, malia que o seu grupo apoiara varias delas, e instou a crear un fondo de rescate para que as familias máis vulnerables poidan pagar as hipotecas ante a suba de tipos de xuro   

A ministra de Facenda, María Jesús Montero, dixo que o Goberno está disposto a estudar máis medidas para aliviar a carga económica dos cidadáns, "tamén na contorna das hipotecas", pero sempre que sexan "compatibles coa baixada da inflación". Deste xeito, ostrouse aberta a estudar as medidas expostas por Podemos ou ERC, aínda que asegurou que aínda descoñece os detalles.

Na véspera nunha entrevista en TVE, Pedro Sánchez advertía que topar o prezo da hispotecas non é legal. 
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade