Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sánchez xustifica "a remuda" da directora do CNI por "un fallo" na seguridade das comunicacións do Goberno

Sánchez xustifica "a remuda" da directora do CNI por "un fallo" na seguridade das comunicacións do Goberno

O presidente do Goberno arremete contra a corrupción do PP, que o acusa de ceder ante os independentistas

Robles acusa a Rufían de non querer coñecer as razóns da espionaxe a indepedentistas "por se lle ía afectar"

O xuíz admite a ampliación da denuncia pola espionaxe dos móbiles de Marlaska e Planas

G24.gal 11/05/2022 08:18 Última actualización 11/05/2022 11:22

Pedro Sánchez, lanzou duras críticas ao PP, ao que cualificou "dunha desgraza de dereita", e á súa corrupción para defenderse da avalancha de reproches da portavoz parlamentaria deste partido, Cuca Gamarra, por destituír a directora do CNI Paz Esteban.

Gamarra, na sesión de control do pleno do Congreso, considerou que esa decisión deixa claro que en España "gobernan os independentistas" e acusou a Sánchez de representar "a degradación absoluta da política".

Fronte a esas críticas, o presidente do Goberno, que agradeceu o labor da directora do CNI destituída, subliñou que o seu Executivo nunca actuará como fixo o do PP: "Usando os fondos públicos, as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e os servizos de intelixencia para tapar feitos delituosos e perseguir adversarios políticos".

Lembrou Sánchez que dentro pouco se van cumprir catro anos desde que triunfou a moción de censura que o levou á Moncloa e que naquel momento xa se aprobara en Cataluña unha declaración de independencia e saía o Goberno dun partido condenado por corrupción e cuxa secretaria xeral  (María Dolores de Cospedal) "destruía a marteladas probas para a xustiza".

Tamén sinalou que se creou unha estrutura parapolicial para perseguir adversarios políticos de maneira irregular e España contaba en Europa "como un cero á esquerda".

Fronte a iso afirmou que agora se cumpre a Constitución en toda España, o país fai valer os seus intereses en Europa e "os mangantes -dixo- non están no Goberno como si ocorría cando vostedes estaban".

Tamén Edmundo Bal, que hoxe facía de voceiro en substitución de Arrimadas, acusou o presidente de "servir a súa cabeza en bandexa de prata" aos independentistas, de actuar con neglixencia e mesmo fóra da legalidade. "Non lle parece o máis covarde do mundo vilipendiar o bo nome dunha persoa que traballa en segredo?", preguntou ao xefe do Executivo.

Pedro Sánchez replicou a Ciudadanos que o seu Goberno "non encobre delitos" e que por iso xa desclasificaron documentos cando llo pediu a xustiza, citando a información relativa á causa do caso Kitchen que lles solicitou a Audiencia Nacional.

Cando chegou ao Executivo, explicou Sánchez, a Audiencia Nacional trasladoulles que quería investigar a estrutura parapolicial que montara o Goberno do PP "para espiar a adversarios políticos de maneira ilegal" e tamén para obstaculizar a indagacións xudiciais dos casos de corrupción. E o que fixeron, lembrou, foi colaborar e desclasificar eses documentos, "e grazas a iso o antigo ministro do Interior está procesado e tamén o antigo secretario de Estado de Seguridade".

Un día, avisou Bal, "mirará para atrás e estará só, mirará para atrás e verá unha senda de destrución e de cadáveres que deixou ao seu paso".

Sánchez replicou con ironía a Bal, recoñecéndolle a súa brillante oratoria, pero á vez solidarízase con el por ser "tan pouco recoñecido cando se presenta ás eleccións".

Robles acusa a Rufían de non querer coñecer as razóns da espionaxe a independentistas "por se lle ía afectar"

A ministra de Defensa, Margarita Robles, insinuou que o portavoz de ERC, Gabriel Rufián, "non tivo o valor" de examinar a documentación sobre a espionaxe política achegada pola exdirectora do CNI na comisión de segredos oficiais "por se o que se ía a atopar lle ía afectar".

Robles respondía así a Rufián, que lle reprochou o seu patriotismo "tóxico" e de "querer mal" a España, un país que, ao seu xuízo, quixo converter en "A casa de Bernarda Alba" e ela mesma facer de Bernarda, en alusión á obra de García Lorca. "Non se trata de ocultar o que pasa", espetoulle á ministra.

O portavoz republicano criticou a Robles como "responsable" da espionaxe ao presidente do Goberno, ao ministro do Interior e á propia ministra de Defensa. "Responsable por acción ou por omisión", díxolle Rufián á ministra, á que pediu responsabilidades "non como independentista, senón como demócrata".

"Os valores democráticos son que cando un vai a unha comisión de segredos oficiais non pode ir previamente co discurso preparado e non querer ter o valor de ver o que ía atopar alí por se lle ía afectar", respondeulle Robles.

Referíase a titular de Defensa á documentación achegada pola exdirectora do CNI Paz Esteban na comisión de segredos oficiais na que acreditou a espionaxe, con autorización xudicial, ao presidente da Generalitat, Pere Aragonés, e a unha vintena de políticos independentistas.

Robles incidiu en que Rufián tivo a oportunidade de examinar esa documentación e as resolucións xudiciais motivadas. "Se o fixo, sabe perfectamente o contido e a súa motivación detallada e se non o fixo, se preferiu non velas será porque non quererá saber a verdade ou se cadra prefire vir aquí coa súa frase recorrente para facer méritos".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade