Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sete parroquias do concello da Estrada quedan sen cura temporalmente

Sete parroquias do concello da Estrada quedan sen cura temporalmente

O sacerdote que deixa o seu posto vacante atendía doce das 51 parroquias da Estrada

Cinco parroquias xa teñen un substituto, nas outras sete (Codeseda, Arca, Sabucedo, Souto Ribela, Meavía e Liripio) terán que seguir agardando

G24.gal 09/06/2024 18:54

A de Arca é unha das sete parroquias do concello da Estrada que desde hoxe quedan sen cura que as atenda.

"De momento queda sen ninguén, pero a ver, ha de aparecer un cura, algún ha de haber".

"A ver o cura que vai vir. Este era moi bo e moi educado".

O sacerdote que deixa o seu posto vacante atendía doce das 51 parroquias da Estrada, un dos concellos máis grandes e o que máis parroquias ten de Galicia.

"Este ten moitas parroquias, misa aquí, misa noutra parroquia, despois defuntos, os bautizos, é moito para el, debéronlle de poñer unha axuda, pero non hai curas".

"Fan falta reforzos, non hai curas".

"Teñen que mandar outro. Se tivese 40 anos menos, facíame cura eu".

Hoxe despiden o que foi o seu párroco durante 9 anos. No arciprestado din que a vacante que deixa é temporal e que a comezos de xullo as sete parroquias poderían ter un substituto, pero polo momento os fregueses non teñen confirmación oficial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos