Publicador de contidos
Publicador de contidos

Máis de 70 detidos en Francia na sétima noite de distubios, que van a menos

Máis de 70 detidos en Francia na sétima noite de distubios, que van a menos

Os alcaldes de máis de 200 localidades afectadas polos disturbios estiman que as perdas superan os mil millóns de euros

O presidente Macron recibíu en París os alcaldes das máis de 200 localidade afectadas polos disturbios
G24.gal 04/07/2023 14:01

Setenta detidos e 150 coches queimados na sétima xornada de protestas contra a violencia policial, que van perdendo intensidade e apoios.

Os alcaldes de máis de 200 localidades afectadas polos disturbios estiman que as perdas superan os mil millóns de euros.

As protestas en Francia pola morte dun rapaz de 17 anos a mans da policía van perdendo forza, ao tempo que se reducen os actos violentos.

Nos disturbios desta pasada noite foron detidas 72 persoas, a metade que na noite anterior e seis veces menos que os rexistrados na noite do sábado ao domingo.

As autoridades informan tamén de 159 coches queimados e danos nunha trintena de edificios públicos, entre eles catro comisarías.

O presidente Emmanuel Macron recibiu esta mañá os alcaldes das máis de 200 localidades afectadas polos disturbios, que lle transmitiron que os danos superan os mil millóns de euros.

A esta cifra hai que engadir o impacto no turismo e a imaxe de Francia no exterior.
Os propietarios de restaurantes de París estiman que os disturbios provocaron unha caída do 20 por cento na facturación dos seus negocios.

"Creo que a longo prazo estes conflitos repetidos no tempo poden afectar ao atractivo de Francia", di Alain, restaurador parisino.

"E moi particuarmente á gastronomía e ao turismo en xeral, que é moi forte en termos de ingresos, pero tamén de emprego", engade.

 
Dentro de tres meses, Francia acolle a Copa Mundial de Rugby, e o ano que vén será a sede dos Xogos Olímpicos de verán. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade