O Celta cae ante o Español e afástase de Europa (3-1)
O Celta cae ante o Español e afástase de Europa (3-1)
O conxunto celeste perde unha gran oportunidade de achegarse aos postos europeos
Os vigueses seguen sen carburar nos partidos fóra da casa
Iago Aspas fixo crer na remontada pero Cheddira rematou por sentenzar o encontro
O Celta perde un importante partido fronte ao Español e afástase das zonas europeas. O conxunto celeste resucita aos pericos e volve a mostrar unha gran fraxilidade fóra da casa. Na primeira metade, os vigueses non mostraron practicamente ningún perigo na parcela ofensiva e foi o Español quen rematou castigando no marcador a través do gol de Cardona.
Xa na segunda parte, Cabrera aproveitou un rexeitamento do seu propio remate de cabeza á saída dun córner e fusilou a Guaita sen que o gardameta puidera facer nada. No minuto 83, Iago Aspas transformou un penalti que parecía darlle ás ao Celta para tentar a remontada como xa fixera unha semana antes ante o Barcelona. Con todo, un man a man transformado por Cheddira tres minutos despois remataría por sentenciar o encontro. Deste xeito, o Español colle ás para saír do descenso e o Celta segue castigando a fraxilidade defensiva e a debilidade fóra da casa.
Tras o partido, Iago Aspas explicaba así a derrota: "Non estivemos cómodos co balón, aínda que tivemos moita posesión. Na primeira que tiveron, marcaron. E logo, nun córner, fixeron o 2-0. Na Primeira División, é moi difícil remontar cando vas dous abaixo".
Pola súa banda, Borja Iglesias céntrase xa no partido de Copa: "Cambiar o chip. Estas situacións de ter un partido cada pouco tempo non pasan moito. É unha oportunidade para aprender, porque temos moito que aprender deste partido. Temos moita ilusión na Copa, a polo partido do martes".
Minuto a minuto
O Ceta visita nesta xornada a un Espanyol moi necesitado de puntos, que se atopa penúltimo na clasificacións despois de encaixar unha goleada contra o Xirona na pasada xornada. Os celtistas, en cambio, chegan de empatarlle ao líder nun partido épico, preto de postos europeos e coa moral polas nubes
Manolo González aposta por catro cambios respecto a aliñación do último partido. Son titulares Pol Lozano, Brian Oliván, Cardona e Justin
📋 𝐉𝐚 ??𝐞𝐧??𝐦 𝐚𝐥𝐢𝐧𝐞𝐚𝐜𝐢𝐨́!
— RCD Espanyol de Barcelona (@RCDEspanyol) November 30, 2024
▶️ Aquest és l'onze de Manolo González#EspanyolCelta #RCDE pic.twitter.com/PMJwa8Xf4m
Pola súa parte, Claudio Giráldez tan só introduce o cambio de Damián con respecto a aliñación coa que se enfrentou ao Barcelona
𝑷𝒐𝒍𝒐 𝑹𝒆𝒂𝒍 𝑪𝒍𝒖𝒃 𝑪𝒆𝒍𝒕𝒂... 𝒙𝒐𝒈𝒂𝒓𝒂́𝒏... 🩵#EspanyolCelta ⋄ #LALIGAEASPORTS pic.twitter.com/JJiGaSjZ5u
— RC Celta (@RCCelta) November 30, 2024
Comezou o partido en Cornellá, Español 0-0 Celta
Primeiro achegamento do Español que remata en córner, sacado sen problemas para Guaita
Primeira ocasión clara do Celta, remata Javi Rodríguez desde dentro da área, pero o balón marcha cruzado
Boa combinación do Celta pola esquerda, con centro de Ilaix e remate de Douvikas que non atopa portería
Ocasión clarísima do Español. Centro desde a esquerda e Jofre, completamente so, remata moi cruzado
1-0 Gol de Irving Cardona. Adiántanse os pericos cun potente disparo do '24' do Espanyol despois dun contragolpe
Descanso no RCDE Stadium. Manda o Español no marcador grazas ao tanto anotado por Irvin Cardona
Comeza a segunda metade deste Español 1-0 Celta
Disparo dende lonxe de Ilaix Moriba que se marcha desviado
Voou Guaita!!! Tiro potentísimo dende fóra da área de Jofre e boísima resposta do gardameta do Celta
2-0 Gol de Cabrera. O defensa blanquizaul remata de cabeza un córner, favorécelle o rechace e fulmina a Guaita para facer o segundo do Español
Remate de volea moi desviado de Marcos Alonso á saída dun córner
Reclamaba penalti Mingueza despois de rematar desviado dende dentro da área. Non indicou nada o colexiado
Rematou de primeiras Iago Aspas un centro lateral e o disparo marchouse alonxado da portería españolista
Segue a intentalo o Celta. Esta vez foi Bamba o que probou sorte dende lonxe pero non conseguiu conectar ben co balón
2-1 GOOOOOL DE ASPAS. Recorta diferenzas o Celta de penalti e ten menos dez minutos para empatar
3-1 Gol de Cheddira. O dianteiro españolista establece de novo a diferenza de dous a prol dos cataláns batindo por baixo a Guaita
Final do partido en Barcelona. O Español imponse por 3-1 ao Celta e impide aos vigueses achegarse a postos europeos