Cargando resultados...
Sinner deu positivo en Indian Wells, pero foi declarado inocente
Sinner deu positivo en Indian Wells, pero foi declarado inocente
A defensa do italiano alegou que houbo unha contaminación involuntaria por unha substancia que utilizara o seu fisioterapeuta
G24.gal
20/08/2024 22:10
Día cheo de turbulencias para o número 1 do mundo en tenis. Jannik Sinner gañaba en Cincinnati e pouco despois confirmaba que quedaba absolto dunha posible sanción por dopaxe. Sinner dera positivo en Indian Wells pero unha investigación independente indicou que o tenista italiano non tiña responsabilidade.
O equipo de Sinner alegou que houbo unha contaminación involuntaria por unha substancia que utilizara o seu fisioterapeuta. Total, que Sinner non recibe sanción pero si perderá os cartos e os puntos conseguidos en Indian Wells.