Publicador de contidos
Publicador de contidos

O IVE do recibo da luz volve ao 21 por cento polo abaratamento da electricidade

O IVE do recibo da luz volve ao 21 por cento polo abaratamento da electricidade

No mes de febreiro o mercado grosista pechou por debaixo dos 45 euros o megawatt hora, o límite que fixou o Goberno para aplicar a rebaixa fiscal 

G24.gal 01/03/2024 14:10

Marzo comeza con cambios na factura da luz. O IVE da electricidade volve ao 21 por cento, na factura será unha suba do 11 por cento e afectaralles principalmente aos que teñen unha tarifa fixa. "Podía quedar no 10 por cento, estas fluctuacións desconcertan bastante", comenta un cidadán, outro cre que a suba "si se vai notar", e un terceiro di que xa tratan de "controlar o consumo".

Notarano menos os consumidores do mercado regulado porque a eles aplícaselles a baixada no prezo da luz. En febreiro caeu a valores históricos, a dez euros o megawatt. "Eu de prezo fixo non, a miña é variable", di unha señora, outro cre que ao final "a suba vai ser máis ca baixada".

Precisamente o abaratamento da electricidade é o que provoca a suba do IVE. A media mensual está por debaixo dos 45 euros o megawatt, o limiar que fixara o Goberno para aplicar a rebaixa fiscal.

"A tendencia para os próximos meses sobre todo no segundo trimestre é que o mercado se manteña en valores moi baixos e no terceiro trimestre esperamos unha repunta en torno aos 60 ou 62 euros o megawatt, explica Cristian Canosa, xerente de Atlántica Enerxía.

Será aí cando o IVE volva baixar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade